RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O vestiario branquiazul laméntase porque metemos un gol legal que non subiu ao marcador

Lucas Pérez e Míkel Balenziaga, dous dos capitáns do Deportivo, pasáronse tamén pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O dianteiro coruñés, hoxe portador do brazalete, asegura que o gol anulado "é un fallo do colexiado, do liña neste caso. Hai que seguir para adiante. Prexudícanos. Isto é a lei do fútbol. Nesta categoría non hai medios a categoría na que eu veño. Non pasa nada. Hai que seguir para adiante. É unha pena porque o gol é xusto".

Cre que ao Dépor "escápansenos 2 puntos. Dominamos desde o principio. Hai que seguir traballando. Esta é a liña a seguir. Fixemos un gran partido pero a pelota non quixo entrar".

Laméntase de que "o acerto se tivo nunha xogada que a anularon. No partido desde o minuto 1 ao último tentámolo. Tivemos varias ocasións. Non estivemos finos de cara ao gol e esta é a lei do deporte".

Pola súa banda, Mikel Balenziaga destaca o comportamento de #ANOSAFORZA, "que estivo connosco durante todo o partido, os 90 minutos e tamén ao final".

O lateral deportivista comenta que "fixemos un bo partido, para sacar os 3 puntos. Ao final non puido ser, non entrou a pelota, tamén por algunha xogada que non tiña que ser así".

Aínda que preferiu non falar do árbitro, recoñece que "metemos un gol legal que non subiu ao marcador e que nos fixo non sumar os 3 puntos".