RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
Xuvenil-A

O Xuvenil A enfrontarase ao CD Tenerife nos cuartos de final da Copa de Campións

O CD Tenerife, 2º mellor clasificado dos 7 grupos da División de Honra, será o rival do Xuvenil A nos cuartos de final da Copa de Campións.

A ida terá lugar esta próxima fin de semana en Canarias mentres que a volta será na Coruña o 17 ou 18.

"Non podo facer ningunha valoración porque ata que acabou a xornada non sabiamos quen era o rival nin tampouco me preocupei por mirar. Había que estar centrado no partido (de Nigrán)", declarou Miguel Figueira, técnico deportivista, na zona mixta de ABANCA-RIAZOR despois de recibir no estadio a Copa que o acredita como campión do grupo 1º da División de Honra.

O vencedor desta eliminatoria accederá á Final Four que se xogará en Ponferrada do 26 de maio ao 1 de xuño.

O adestrador do Xuvenil A subliñou que "gañamos unha liga a grandes rivais, sobre todo a un gran rival como foi o RC Celta. En dous terzos da liga estivo por diante pero neste último terzo o equipo estivo ben, deu un paso adiante en canto a fútbol".

Cre que "gañar os 3 últimos partidos (Real Racing, Oviedo e Val Miñor) fala moi ben do espírito competitivo que ten este equipo".