
JUVENIL A · 28 XANEIRO 2026
O XUVENIL A SUPERA CON CLARIDADE AO RAYO VALLECANO E MEDIRASE AO CD TENERIFE EN CUARTOS DE FINAL DA COPA DEL REY
O Xuvenil A e o Rayo Vallecano disputaron este mércores 28 de xaneiro no campo Arsenio Iglesias o seu partido correspondente aos oitavos de final da Copa del Rey.O encontro foi retransmitido en directo pola .Os branquiazuis venceron por 4-1 aos rayistas e clasificáronse para os cuartos de final.Adiantouse aos 2 minutos o conxunto de Miguel Figueira.Íker Gil recolle un balón rexeitado na frontal da área e bate por baixo ao meta rayista no man a man.Os madrileños empataron na última xogada da primeira metade. Unai remata só na área pequena unha xogada que arrincou nunha falta lateral e que a defensa branquiazul non acertou a despexar.Após o paso polos vestiarios, de novo golpeou o Xuvenil A.Íker Gil recibiu ao espazo e bateu raso ao pau curto a portería do Rayo Vallecano.Os deportivistas sentenciaron o choque no minuto 81 nunha gran xogada de Mauro por banda esquerda que deu o pase definitivo a Lucas Castro.O lateral dereito Guille redondeou a conta no minuto 88. Márchase por velocidade da defensa rayista e supera por baixo ao porteiro Dani Vadillo.Xuvenil A: Rodrigo Leiva, Guille, Xabi Campos, Vergara, David (Nico, min. 60), Abel (Íker Fernández, min. 60), Leandro (Balbas, min. 60), Lucas Castro, Íker Gil (Miguel de Labra, min. 86), Álvaro e Mauro (Lucas Regueiro, min. 86)O rival do Xuvenil A será o CD Tenerife, que eliminou ao CD Leganés en Butarque nunha larguísima quenda de penaltis. Ao final do tempo regulamentario chegouse con empate (1-1).O vencedor desta eliminatoria clasificarase para a Final Four.O conxunto de Miguel Figueira eliminou en dezaseisavos de final ao AD Sporting Hortaleza (2-1) tamén no Dépor Training Center.

O Orzán SD Xuvenil abre este venres 1 de maio no Dépor Traini...

Resultados deste xoves, con triunfos do Alevín de fútbol 11 e...

Listado de participantes na Grada Solidaria do Dépor - CD Leg...

As billeteiras do Palacio dos Deportes de Riazor abren este v...

Actividades e gran ambiente nos arredores de ABANCA-RIAZOR du...

Antonio Hidalgo presume de "un gran cadro, moi comprometido" ...