O Xuvenil A vence en Vigo ao Coruxo FC e sitúase a un punto do liderado
O Xuvenil A gañou en Vigo (1-2) ao Coruxo FC e, co empate do líder RC Celta no seu campo, sitúase a un punto da cabeza despois de 11 partidos de liga na División de Honra: 28 puntos teñen os celestes por 27 os branquiazuis.
No campo vigués de Fragoselo, adiantouse no marcador o Coruxo FC aos 28 minutos de xogo pero un gol en propia meta no 70 e outro de Noah, en colaboración co porteiro local, no minuto 88 valeron os 3 puntos para o equipo que dirixe Manuel Pablo.
Xuvenil A: Lemos, Quique Teijo, Manu Berrocal, Vilela, Seydiba, Carlos, Mardones, Hugo, Baldomar, Rubén e Álex Delgado. Tamén xogaron: Garaboa, Ogando, Noah, Carreira e Pedro.
A próxima fin de semana, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao Deportivo Roces.
Os resultados do Xuvenil A en liga até a data son os seguintes:
CD Lugo 1 - Xuvenil A 3 (Hugo Baldomar, Garaboa e Carlos) Xuvenil A 1 (Kevin) - Atlético Perines 1 CD Marina Sport 1 - Xuvenil A 2 (Hugo e Kevin) Xuvenil A 1 (Kevin) - Sporting de Gijón 1 SD Compostela 1 - Xuvenil A 7 (Kevin -4-, Hugo Baldomar, Martín Ochoa e Garaboa) Xuvenil A 4 (Álex Delgado, Montero, Kevin e Ogando) - Arosa SC 1 RS Gimnástica de Torrelavega 0 - Xuvenil A 3 (Montero, Kevin e Ogando) Xuvenil A 3 (Kevin, Vilela e Ogando) - Bansander 0 Real Oviedo 1 - Xuvenil A 2 (Seydiba e Kevin) Xuvenil A 1 (Álex Delgado) - CD Covadonga 1 Coruxo FC 1 - Xuvenil A 2 (Noah e un futbolista rival en propia meta)