RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
Xuvenil-A

O Xuvenil A xogará en Tenerife o sábado 10 de maio ás 12:00 e en ABANCA-RIAZOR a volta o domingo 18 tamén ás 12:00

O Xuvenil A medirase ao CD Tenerife no partido de ida dos cuartos de final da Copa de Campións o sábado 10 de maio ás 13:00 (hora peninsular, 12:00 en Canarias) na Cidade Deportiva do CD Tenerife.

A volta será o domingo 18 de maio ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR.

Ambos os partidos poderanse ver en directo na canle oficial de Youtube do RC Deportivo.

O CD Tenerife accedeu a esta Copa de Campións como 2º mellor clasificado dos 7 grupos da División de Honra; mentres que o Dépor como o campión do grupo 1º.

O vencedor desta eliminatoria clasificarase para a Final Four que se xogará en Ponferrada do 26 de maio ao 1 de xuño.