RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O xuvenil coruñés Pablo Trigo, novidade no adestramento do primeiro equipo esta mañá

O coruñés Pablo Trigo cumpriu o soño de moitos xogadores coruñeses e por suposto de calquera xogador de #ANOSACANTEIRA ao recibir a chamada de Rubén de la Barrera para adestrarse esta mañá co primeiro equipo.

Este dianteiro, que milita no Xuvenil B da Liga Nacional após chegar a Abegondo para o Alevín A, foi un máis co resto do grupo, do que só quedaron á marxe Keko e Lucho García, ambos con adestramento específico.

Pablo Trigo acompañou ao meta Brais, o outro representante hoxe de #ANOSACANTEIRA no primeiro equipo.

Esta mañá, após un quecemento con balón e finalizacións, o técnico deportivista dispuxo un traballo de posesión e unha tarefa táctica con partido no campo 2.

Mañá xoves haberá dobre quenda de traballo: 10:30 en Abegondo e 17:30 en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada. Rubén de la Barrera intensificará así a preparación do partido deste domingo 14 de febreiro ante o CD Guijuelo (17:00 horas, TVG).