RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Oito, un reforzo máis para o RC Deportivo

Oito (Burgos, 30 de abril de 2025) chega ao RC Deportivo cun contrato de longa duración; con opción, máis que probable, de ampliación.

Na súa presentación defínese a si mesmo como calquera can da súa raza, un labrador retriever, como "intelixente, excelente compañeiro e moi traballador".

O seu proceso de adaptación ao Club e á súa nova cidade marcha a moi bo ritmo. De feito, desde a banda non se perde un adestramento de Os Nosos e As Nosas, pendente a calquera situación que poida xurdir tanto no campo como fóra del.

Iso si, aínda ten aspectos que debe ir puíndo, por exemplo o aprender a non morder as pertenzas dos seus compañeiros de Club (mochilas, zapatos...) aínda que ten moito camiño por diante.

A pesar de ser aínda un canteirán, nunca parece cansarse. Sempre estará preparado para ir a por a pelota, xogar... 

Xa desde os primeiros días, Oito gañouse o agarimo de xogadores, técnicos e empregados do Club, así como a recado o de #ANOSAFORZA.

A nosa clínica veterinaria MiVet, clínica oficial de referencia do RC Deportivo, asegura que Oito está en perfectas condicións e que pasou o recoñecemento médico para poder defender o noso escudo alá onde vaia.

Ademais, MiVet insiste na importancia dos coidados periódicos para o benestar de todas as mascotas e os seus propietarios.

Mascota Dépor

Especialmente creado para todas as Mascotas Deportivistas como Oito, cada unha pode ter o seu carné distintivo con foto e número de abono. Para iso é imprescindible pasar pola Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD).

Todas as Mascotas Deportivistas con carné teñen tamén a posibilidade de visitar #ANosaCasa, a súa casa. Poderán acceder a ABANCA-RIAZOR unha vez por temporada, en horario de apertura da Oficina de Atención ao Deportivismo (de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.) e acceder á bancada do Estadio para facerse unha foto desde Preferencia. 

Por motivos de organización deportiva (adestramentos, partidos do primeiro equipo entre semana) ou da propia instalación, as citas poderían sufrir cambios, debéndose solicitar unha nova cita. Só poderá acceder pola porta da OAD a mascota titular do carné xunto a un máximo de dúas persoas ao seu cargo e o acceso será, acompañado por persoal do RC Deportivo, exclusivamente á bancada do Estadio, non podendo pisar o perímetro do terreo de xogo nin o céspede. A foto deberá realizarse cun dispositivo propio das persoas a cargo da Mascota Deportivista.

O prezo do carné Mascota Dépor é de 25 euros por temporada.