RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Os deportivistas Yeremay e Luis Chacón, premiados na IV edición dos Premios AFE

Dous deportivistas foron protagonistas na IV edición dos Premios AFE que se entregaron este luns na Plaza de Toros de Las Ventas en Madrid.

Así, Yeremay Hernández foi elixido como mellor xogador de Segunda División a temporada pasada polos propios futbolistas da categoría.

O atacante canario, visiblemente feliz, recolleu o galardón de mans de José Antonio Camacho.

Pola súa banda, Luis Chacón, cedido esta temporada na Cultural Leonesa, foi nomeado mellor xogador do grupo 1º de Primera Federación a campaña pasada tamén nas filas do equipo leonés. O atacante coruñés recibiu o trofeo de mans de Alejandro Blanco, presidente do COI (Comité Olímpico Español).

David Aganzo, presidente do sindicato, exerceu de anfitrión nun acto que contou coa presenza de Rafael Louzán, presidente da RFEF; Vicente del Bosque ou Ángel María Villar, entre outras figuras do fútbol español.