RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Os Nosos apuntan desde este martes á SD Huesca e a "facer de ABANCA-RIAZOR unha caldeira"

Os Nosos, hoxe con xornada de descanso, regresan este martes 16 de setembro a Abegondo para iniciar unha nova semana de competición que concluirá este venres 19 de setembro ás 20:30 ante a SD Huesca (TEN, GOL, TVG e LaLiga TV Hypermotion, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas).

Luismi Cruz, o pasado sábado en Mendizorrotza, pediu "facer de ABANCA-RIAZOR unha caldeira".

Precisamente o triunfo en Vitoria ante o CD Mirandés e o resto de resultados da xornada deixaron ao Dépor en 2ª posición de LaLiga Hypermotion con 11 puntos, a 1 punto do líder, o Real Racing Club.

Nunha semana curta de traballo, Antonio Hidalgo disporá de 3 sesións de traballo matinais en Abegondo segundo esta planificación:

Martes 16 de setembro
10:30 h.

Mércores 17 de setembro
10:30 h.

Xoves 18 de setembro
10:30 h.

Venres 19 de setembro
20:30: SD Huesca - Deportivo, en ABANCA-RIAZOR