RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Os Nosos, de volta no Dépor Training Center despois de "moitas horas de hotel, moitas horas de convivencia, moito tempo xuntos" que "nos veu moi ben"

Os Nosos regresaron este martes 4 de novembro ao Dépor Training Center despois de case unha semana fóra de casa, de "moitas horas de hotel, moitas horas de convivencia, moito tempo xuntos", tal e como subliñou na zona mixta do Ibercaja Estadio de Zaragoza Jose Gragera.

O centrocampista branquiazul recoñeceu que houbo "moito momento para falar, dialogar e que mellor que esta semana (pasada) que viñamos dunhas semanas amoladas. Veunos ben", concluíu.

Antonio Hidalgo dispuxo nesta primeira sesión de cara ao partido deste sábado 8 de novembro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR ante a Cultural Leonesa dous grupos de traballo.

Os titulares o pasado domingo no Ibercaja Estadio de Zaragoza fixeron a primeira parte da sesión co grupo e logo pasaron a tarefas de recuperación: carreiras, roldo, ximnasio e fisioterapia.

Os demais futbolistas continuaron no campo 3 cun xogo de posición, finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade.

Están con adestramento personalizado Ximo Navarro, Escudero, Bachmann e Mulattieri. 

O dianteiro italiano foi sometido a probas médicas que descartaron unha lesión. O futbolista traballará co readaptador físico Nando Rodríguez ata que a evolución desas molestias permitan o regreso aos adestramentos co grupo.

Samu, Damián Canedo, Bil e Hugo Ríos foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Este mércores 5 de novembro Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.