RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Os Nosos preparan desde este mércores 4 o partido ante o Albacete Balompié "encantados de xogar en ABANCA-RIAZOR e con ANOSAFORZA"

O Dépor, este martes 3 de febreiro con xornada de descanso, prepara desde este mércores 4 a seguinte cita ligueira, a visita do Albacete Balompié a ABANCA-RIAZOR prevista para este domingo 8 de febreiro ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas).

Os resultados da pasada fin de semana deixaron a Os Nosos en 3ª posición con 40 puntos.

O triunfo ante a Cultural Leonesa permitiu recortar 3 puntos ao líder, que caeu ante un rival que se atopaba ao bordo dos postos de descenso, o que demostra a igualdade extrema da categoría e o complicado que é gañar cada partido, reforzando a importancia do resultado final en León.

Nunha LaLiga Hypermotion marcada pola igualdade máxima, onde cada punto conta, o Dépor volveu demostrar que competir até o último segundo forma parte da súa maneira de entender este escudo.

A celebración do gol de Yeremay reflectiu a unión do grupo e as ganas que tiña o equipo de darlle unha alegría a #ANOSAFORZA, que volveu estar de 10 en León. 

 

Nesta liña, Antonio Hidalgo vaticina que, co ambiente de ABANCA-RIAZOR ante o Real Racing Club, "imos ser moi poderosos. O xogador vaise a atopar cada vez máis cómodo. Vai empuxar máis, vaise a atrever máis".

O técnico deportivista subliña que "a nosa xente nos está empuxando sobre todo neses momentos que non estamos tan finos para seguir crendo, para facer grandes esforzos con e sen balón. Estamos encantados de xogar en ABANCA-RIAZOR con #ANOSAFORZA".

Desde dentro, o Club mantén unha esixencia máxima co obxectivo permanente de seguir crecendo. A autocrítica é un alicerce irrenunciable conscientes que existe marxe de mellora.

Están previstos 4 sesións de traballo matinais no Dépor Training Center, con esta planificación:

Mércores 4 de febreiro
10:30 h.

Xoves 5 de febreiro
10:30 h.

Venres 6 de febreiro
10:30 h.

Sábado 7 de febreiro
10:30 h.

Domingo 8 de febreiro
16:15: Deportivo - Albacete Balompié, en ABANCA-RIAZOR