Os Nosos prepáranse con todo o cadro para "sufrir" no SkyFi Castalia aínda que "capacitados para gañar"
Despois da xornada de descanso deste martes 10 de febreiro, o Dépor regresou este mércores 11 aos adestramentos no Dépor Training Center, preparándose para "sufrir" este domingo 15 de febreiro ás 21:00 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) ante un CD Castellón, un equipo que vén "en boa dinámica, que fixo esta fin de semana pasado outro partidazo nun campo difícil ante un gran rival (o Real Valladolid)", segundo declarou Ximo Navarro na sala de prensa esta mesma mañá.
O capitán deportivista, no entanto, ve a Os Nosos "capacitados para gañar. Sería un bo golpe sacar os 3 puntos alí".
Pide "ir sen medo, sabendo como somos nós, o nivel de xogadores que temos, dos máis grandes da categoría. Imos ir a plantarlles cara. Será un partido bonito e a confiar en sacar os 3 puntos".
O corpo técnico dispuxo, após unha activación e uns rondos con porterías pequenas, un exercicio táctico e fútbol reducido para concluír.
Bil e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.
Este xoves 12 de febreiro Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.