Concluído o encontro no Estadio SkyFi Castalia, cuxo resumo podes ver ao pé da noticia, Os Nosos pasan a noite en Castellón e regresan este luns 16 de febreiro nun voo directo ao Aeroporto da Coruña.
Antonio Hidalgo citou ao seu cadro o martes 17 de febreiro no Dépor Training Center para un adestramento que arrincará ás 10:30 horas.
A próxima cita para o Dépor en LaLiga Hypermotion será este sábado 21 de febreiro ás 16:15 no Estadio ABANCA-RIAZOR ante a SD Eibar, retransmitido en directo por LaLiga TV, TVG, GOL e Cayo TV.
O Dépor perde no SkyFi Castalia ante un CD Castellón "que tirou dúas veces a portería"
#OSNOSOS
Reto este domingo 15 ás 21:00 no Estadio SkiFi Castalia para Os Nosos, "convencidos das nosas armas", ante un CD Castellón que "se gañou o dereito de estar aí"
#OSNOSOS
Antonio Hidalgo cre que o partido no SkyFi Castalia é "de estar moi concentrados os 90 minutos"
#OSNOSOS
Traballo táctico e balón parado para Os Nosos "tentando dosificar as cargas" para que "cando empece a rodar o balón o domingo todo o mundo estea ao 100%"
#OSNOSOS
