RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz: "O equipo ten que sumar puntos porque os necesitamos"

Óscar Gilsanz subliñou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "necesitamos sumar máis puntos. Os 50 puntos é unha barreira non definitiva e aquí no Dépor sabémolo perfectamente. Entón temos que seguir competindo porque hai cousas polas que competir".

Insiste o técnico deportivista en que os obxectivos seguen sendo "achegarnos aos de arriba e afastarnos dos de abaixo". "O equipo ten que sumar puntos porque os necesitamos", conclúe.

Destacou ademais que "é unha boa noticia os minutos de futbolistas con menos presenza (Hugo Rama, Cristian Herrera...) Fala moi ben da saúde que ten o grupo en canto á súa competitividade interna, en canto ao seu traballo no día a día. Iso fai que queiramos ir todos cada vez a máis".

Reitera que "aínda quedan cousas polas que xogar sen ningunha dúbida. Dicir outra cousa sería equivocar a mensaxe para o grupo e para #ANOSAFORZA".

Finalmente do Albacete Balompié, rival este domingo 4 de maio ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR, opina Óscar Gilsanz que "sobre todo nestas últimas xornadas é un equipo moi equilibrado. Basea a súa fortaleza nunha estrutura identificable con ese 4-2-3-1, defendendo en 4-4-2. Tenta xuntar moito as liñas, non lle importa pasar momentos sen balón pero ten capacidade para atacar con balón con calidade nos seus medioscentros, con xogadores por fóra con moita profundidade, moi bos centradores, perigoso nos centros laterais e que contraataca con velocidade. É un equipo que nos di como é a categoría".