Primeira visita fóra das de Fran Alonso neste mes de febreiro, concluíndo cun (1-2) en Zubieta, San Sebastián.
A primeira ocasión do partido foi en apenas tres minutos de encontro grazas a un centro pola banda de Olaya.
Após ela, as locais comezaron un dominio en campo rival axexando a portería de Inês.
O cuarto de hora chegaba a Zubieta e un autopase por banda esquerda con pase atrás cara ao punto de penalti, fixo que Elene Guiridi abrise a lata.
O Dépor non baixou a cabeza e apropiouse da pelota. Milene e Hmírová completaron tres internadas en apenas dous minutos onde o último pase longo é o que se lles escapou ás coruñesas para conseguir o empate no marcador.
No minuto 37 de encontro, a Real, tivo nas súas botas aumentar a súa vantaxe grazas a unha dobre ocasión onde atoparon a portería baleira após a saída de Inês no primeiro tiro a porta.
Falta perigosa no minuto 40, e que supuxo para Lucía o primeiro cartón amarelo do encontro. Amaiur lanzou o tiro ao bordo da área directamente ao traveseiro.
Após tres minutos de alargue, a primeira parte concluíu na cidade deportiva de Zubieta.
O encontro renovouse e en apenas nun minuto de rodaxe, a árbitra mostrou cartón vermello directa á porteira local por falta sobre Ainhoa Marín.
A falta lanzada por Olaya no minuto 50 a dous metros da área foi imparable para a gardameta substituta. Un zapatazo polo recanto conseguiu ser o primeiro tanto para as coruñesas.
As Nosas confiaron na charla do descanso impartida por Fran Alonso, e na seguinte xogada, un sprint de Ainhoa Marín por banda dereita converteuse nun pase fose da área para Millene que anotou o segundo. Conseguindo remontar o partido a o sete minutos de comezar a segunda parte.
Após o segundo gol do Dépor o encontro volveuse a equilibrar.
Ambos os equipos volveron á división da posesión do balón e aos intentos de achegamentos ás porterías rivais.
Con dez minutos para que concluíse o encontro as locais querían conseguir o empate para a súa afección, e fose así senón aparecese Inês realizando unha estirada prodixiosa após un córner.
O oito minutos de alargue convertéronse nun asediou do equipo local por tentar puntuar o encontro. Centros ao área pequena e internadas pola banda que foron desviados pola nosa defensa e por Inês.
Real Sociedad: Lete, Apari, Amaiur, Andreia, Franssi, N. Eizagirre, Lucía (Olatz Santana min. 49), L. Pardo, Emma, Cahynová (Intza Eguiguren Beraza min. 55), E.Guiridi (Lorena Navarro min. 57).
Dépor ABANCA: Inês, Vera, Raquel, Samara (Cris min. 82), Paula G., Millene (ADT min. 56), Ainhoa, Olaya (Bárbara min. 82), Hmírová (Eva Dios min. 63), F.Lara (Paula Novo min. 56), Lucía.
Árbitra: Paola Cebollada López, pertencente ao Comité de Árbitros de Aragón. Amoestou a Lucía Martínez (min. 39) e expulsou a Lete (min. 46).
Goles: 1-0 E. Guiridi (min. 26), 1-1 Olaya (min. 50), 1-2 Millene (min. 52).
Incidencias: partido correspondente á 18ª xornada en Liga F disputado no José Luis Orbegozo.