RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Oviedo Vetusta e Fabril xóganse este domingo 1 de febreiro ás 16:45 no Requexón o liderado de Segunda Federación

Oviedo Vetusta e Fabril mídense este domingo 1 de febreiro ás 16:45 no Requexón co liderado da Segunda Federación en xogo.

Os fabrilistas mandan na clasificación con 41 puntos por 39 dos carbayones.

Manuel Pablo asegurou que os seus futbolistas se adestraron ao longo da semana "con bo ritmo" e, da vitoria da pasada fin de semana por 1-0 ante o pechacancelas UD Sámano no campo Arsenio Iglesias cre necesario "cargar ás veces máis a área e cando non tes profundidade a través de centros laterais buscar ocasións. Non tentar entrar por dentro porque acumulan moita xente".

Confirmou as baixas de Íker Vidal, Dipanda e Damián Canedo pero poderá contar con Bil e Noé, que viaxaron co primeiro equipo a León para o choque deste sábado no Estadio Reino de León.

O técnico do filial asegura que "teño un cadro amplo e buscaremos as opcións para ser moi competitivos".

Pola súa banda, o Oviedo Vetusta, que esta semana fixo público a saída de Óscar Maza, chega ao choque após caer por 0-1 ante o Coruxo FC.

O filial ovetense impúxose o pasado 26 de outubro na primeira volta no campo Arsenio Iglesias ao Fabril tamén por 0-1.

No Requexón esta temporada o Oviedo Vetusta gañou á SD Sarriana (3-2), Real Valladolid Promesas (2-1), Burgos CF Promesas (5-2), Gimnástica Segoviana CF (3-0) e UD Sámano (3-0); empatou co Marino de Luanco (1-1) e Rayo Cantabria (0-0); e caeu co UD Ourense (0-1) e CD Lealtad de Villaviciosa (1-2).

O futbolista Miguel Narváez admitiu que "non é unha semana máis porque nos estamos xogando o liderado con eles. Afrontámolo como calquera outra semana pero incidindo nos detalles para afrontar o partido coas máximas garantías".

Vaticina "un partido moi igualado no que cada equipo vai ter os seus momentos. Ambos os equipos queren xogar ao seu. Nós trataremos de facer o noso".