RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Pablo Martínez fala de auténtica tolemia marcar en ABANCA-RIAZOR e Paris cre que lle demos a volta á dinámica

Pablo Martínez e Paris Adot pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O central hispano-francés, autor do gol do triunfo, confesou que "foi unha tolemia. Entendo agora aos meus compañeiros que marcaron aquí en ABANCA-RIAZOR. A sensación é unha tolemia. E máis cando son 3 puntos ao final".

Asegura que "gañamos. Estou moi contento pero máis pola actitude do equipo. Demos un paso adiante e hai que seguir así".

Pablo Martínez explica que "na primeira parte sentín frouxo, sen ritmo; e na segunda moito mellor. Aquí coa afección que temos, cando na segunda parte empezan a saír ben as cousas, é difícil para o rival".

Pola súa banda, Paris Adot márchase "moi contento co equipo. Parece que lle demos a volta á dinámica. Hai que traballar para seguir así".

Apunta que no descanso "falamos de seguir co traballo que fixeramos durante a semana. Tiñamos que confiar en nós. Saímos moi ben na segunda parte. Está a custarnos pechar o partidos pero non me preocupa en exceso porque ocasións estamos a ter".

O lateral dereito deportivista opina que "o que necesitabamos era a vitoria, que a conseguimos cun bo partido en xeral; así que contentos".