RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Pablo Vázquez asegura que todo o mundo suma e Alcaina que imos todos a un tempo, como unha piña

Pablo Vázquez e Raúl Alcaina pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O central, autor hoxe do seu quinto tanto, cre que "estes partidos na primeira volta non os sacabamos. E isto di moito de como nos cambiou a mentalidade a todos. Seguimos pasando malos momentos porque nos toca a todos os equipos do mundo pasar malos momentos pero xa os pasamos doutra maneira; sabendo que hai que estar preparados porque coa calidade que temos arriba pódenos chegar en calquera momento".

Asegura que "estamos con esa mentalidade gañadora, esa mentalidade positiva que nos fai saír deses momentos que quizais na primeira volta custábanos máis".

Pablo Vázquez opina que o segredo do Dépor é "a mentalidade, insistir, o traballo diario, todo o mundo suma, pelexa. A min hai 2 semanas tocoume estar na bancada e vin un equipo que non daba un balón por perdido, que ninguén se aforraba unha carreira... Eses froitos están a recollerse. Hai que seguir, que aínda queda moito camiño".

Finalmente insiste en que "levamos unha boa filosofía, ser conscientes de que nós é cada domingo. Está a irnos moi ben e non vaiamos leala agora".

Pola súa banda, Raúl Alcaina, que marcou por segundo partido consecutivo, afirma que as súas sensacións "son moi boas. Tiña ganas de debutar neste estadio e que mellor maneira que cos 3 puntos e metendo gol".

O dianteiro deportivista ve "un vestiario moi unido. Imos todos a un tempo, como unha piña. A confianza destes últimos resultados que están a ser moi positivos xérache máis confianza. Temos que seguir nesta liña".

Recalca do partido que "sabiamos que era un rival complicado, recibira poucos goles, sabían ao que xogaban e facíano ben. Entramos ben aínda que non nos saían as cousas pero co paso dos minutos o equipo foi collendo confianza e foi a máis".