RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Pablo Vázquez fala de "inxección de moral" e Helton Leite viu un partido "de moitas emocións"

DÉPOR · 29 MARZO 2025

PABLO VÁZQUEZ FALA DE "INXECCIÓN DE MORAL" E HELTON LEITE VIU UN PARTIDO "DE MOITAS EMOCIÓNS"

Pablo Vázquez e Helton Leite pasáronse pola zona mixta do Estadio da Malata.O central deportivista cre que a vitoria é "importantísima", ademais de "moi traballada, que nos dá moita tranquilidade".Preguntado polas accións polémicas do partido, advirte que "o árbitro tenta facelo o mellor posible. Seguimos coa vertente de que van caendo para o outro lado pero temos que ir ao noso e non prestarlle moita atención porque canto máis nos ofusquemos aí, vai ser peor".Pablo Vázquez fala de "inxección de moral. Ademais era un partido importante, un derbi, #ANOSAFORZA tiña moitas ganas, non sei cantas veces nos últimos anos gañou o Dépor aquí aínda que creo que non moitas. Tiñamos moitos alicientes e o primeiro é seguir buscando esa permanencia que nos dea tranquilidade".

Pola súa banda, Helton Leite admite que "sufrimos moito pero o que queda son os 3 puntos e saímos de aquí contentos por telos".O gardameta brasileiro asegura que "tiñamos moi claro que necesitabamos unha vitoria. E conseguímola. Foi duro, sufrimos pero estou contento porque respondemos ben. Defendemos ben contra un equipo que adoita centrar moitísimo. Ao final puxeron 2 puntas que nos xeraron moito perigo, balóns parados, con moito sol... Estou contento polos 3 puntos".Finalmente conclúe que "cos 3 puntos saímos contentos" despois dun partido "diferente, con moitas emocións".