RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Paralelismo entre equipos de alto rendemento deportivos e empresariais

Augusto César Lendoiro, presidente do Deportivo da Coruña, participará este xoves, día 27 de Novembro na xornada "Paralelismo entre equipos de alto rendemento deportivos e empresariais" que terá lugar no Auditorio do Hostal dos Reis Católicos de Santiago

A xornada, organizada pola Asociación para o Progreso da Dirección e a Asociación para a Formación Empresarial de Galicia, comezará ás 9:30 horas aínda que "A experiencia do Deportivo da Coruña" exporase ás 13:00 horas.
Os outros participantes son Antonio Couceiro, Director de BEGANO, Juan Mateo, Conselleiro Delegado de Makeateam, Luís González López, Profesor Doutor do Instituto de Empresa, Francisco Moure, Presidente do CB Breogán e Vicepresidente de Caixa Madrid, Jesús Carballo, Adestrador do Equipo Nacional de Ximnasia Deportiva e José Luís Losada, Director Xeral do Banco Galego. Clausúraa será a cargo da Conselleira de Famulia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da Xunta de Galicia, Pilar Rojo Noguera.