RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS27 set 2023

Paris Adot ve ao grupo con confianza e insiste en crer no traballo, no que estamos a facer

Paris Adot subliñou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "se nota que non é o inicio desexado, pero vexo ao equipo con confianza, con ganas de traballar. Os entrenos son unha pasada, pero tamén somos conscientes da responsabilidade que temos. Todo o mundo quere estar arriba pero a liga non se gaña nin na xornada 5 nin na 15 nin na 25".

O veterano lateral deportivista pide "crer no traballo, crer no que estamos a facer e seguir traballando".

Admite non obstante que neste principio de liga "está a custarnos. Levamos 3 partidos en ABANCA-RIAZOR que non conseguimos gañar. Simplemente hai que seguir traballando. Non estamos contentos cos resultados, pero si co traballo e coas sensacións".

Nesta liña, lembra que "fixemos bos partidos. Sabemos a responsabilidade que temos e hai que seguir traballando e mellorando para que cheguen os resultados".

Explica coa frase "é fútbol, non hai respostas para todo" ao ser preguntado polas causas dos empates en ABANCA-RIAZOR a pesar de facer moitas cousas ben: "Algunhas veces sáenche as cousas, outras non. Houbo partidos nos que non estivemos acertados, que por iso non chegou a vitoria. No segundo partido condicionou un pouco a expulsión de Lucas, que estivemos 60 minutos cun xogador menos. O outro día (ante a UE Cornellà) conseguimos adiantarnos na primeira parte, parecía que o partido estaba controlado, de feito tivemos 2 ou 3 para pornos 2-0, que igual así conseguiamos a vitoria, pero isto é fútbol, en calquera momento pódenche facer gol. Foi un saque de banda que se lle quedou o rebote a eles empátanche e complicar o partido. Houbo diferentes factores en cada partido".

Conclúe que "temos que mellorar un pouquiño, sobre todo en ABANCA-RIAZOR, talvez non o aspecto defensivo, pero si tentar abrir o marcador un pouquiño antes porque os rivais veñen cun perfil parecido todos, máis metidos atrás que a nós nos custa entrarlles. Abrindo o marcador un pouquiño antes quizá os partidos en ABANCA-RIAZOR serían diferentes".

Con Lucas xa dispoñible para o partido deste domingo 1 de outubro en Fuenlabrada (12:00, FEF TV), advirte que a súa ausencia "se nota. Para min é o xogador máis determinante que temos. Estivemos dous partidos sen el, que obviamente o notamos, pero non hai que escusarse nesas cousas. Temos un cadro incrible e se non xoga Lucas,  ten que xogar outro, que para iso estamos".

Iso si, subliña tamén que "notamos ou estamos a notar as baixas dalgúns compañeiros, pero hai outros que teñen ganas tamén de sumar. Non se poden pór escusas nese sentido".

A nivel individual, despois de ser titular por primeira vez no Deportivo a pasada fin de semana, "as sensacións individuais a nivel físico foron boas até os últimos minutos. Aguantar 90 minutos dácho acumular minutos de competición. Os últimos 10 si que me custaron un pouco. Tamén é verdade que o rival nos fixo 2 ou 3 contras, tivemos que esixirnos un pouquiño para atrás. O resto estiven a gusto. Trátase de acumular minutos para seguir atopándome mellor e axudar ao equipo en todo o que necesite", explica.

Finalmente, do CF Fuenlabrada Paris Adot alertou que é "un equipo que vai competir ao 100%, que vai ser complicado e máis no seu campo. Esta semana iremos traballando o partido".