A futbolista do Dépor ABANCA Carolina Arbeláez viuse obrigada a saír do terreo de xogo o pasado domingo na Ciudad Deportiva Dani Jarque no minuto 68 do choque ante o RCD Espanyol.
Os Servizos Médicos do Club, á vista da exploración realizada, comprobaron que a internacional colombiana sofre unha escordadura no seu nocello dereito.
Carolina estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia para, segundo a súa evolución, iniciar inmediatamente a fase de readaptación deportiva, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.