RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Parte médico de Esperanza Pizarro

Esperanza Pizarro foi sometida a probas médicas a cargo da Asocación Uruguaia de Fútbol para ditaminar o alcance exacto das molestias que sofre na súa perna dereita desde o adestramento previo do Dépor ABANCA ao encontro ligueiro ante o Sevilla FC.

O internacional branquiazul presenta unha lesión muscular no recto femoral.

Así pois, será baixa no encontro de Uruguai deste martes 2 de decembro en Montevideo ante Ecuador e regresará ao longo da semana á Coruña para continuar o seu proceso de recuperación.

A súa evolución marcará o regreso aos adestramentos de Espe Pizarro co grupo.