Parte médico de Jose Ángel, Raúl Alcaina, Ximo Navarro e Berto Cayarga
Jose Ángel sufriu no partido ante o Real Unión de Irún unha rotura na unión miotendinosa proximal do abdutor do quinto dedo do pé esquerdo.
O mediocentro estará en repouso con órtesis nos próximos días.
Pola súa banda, Raúl Alcaina presenta, após o partido ante o conxunto vasco, unha rotura do compoñente medial da fascia plantar do pé esquerdo.
Do mesmo xeito que Jose Ángel, o dianteiro deportivista tamén estará en repouso os próximos días cunha órtesis.
Ambos os xogadores seguirán un proceso de recuperación e readaptación pautado polo Servizo de Fisioterapia e Readaptación e supervisado polos Servizos Médicos do RC Deportivo durante as próximas semanas co obxectivo de que se poidan incorporar en plenas condicións á pretemporada.
Ximo Navarro sofre unha lesión muscular nos isquiotibiais da súa perna esquerda, co que está en repouso estes días.
E Berto Cayarga ten unha escordadura no seu nocello dereito a consecuencia dunha entrada dun rival do Real Unión. O extremo deportivista recibe tratamento de fisioterapia e traballo de readaptación.