RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Parte médico de Mikel Balenziaga

Mikel Balenziaga foi sometido a probas médicas para ditaminar o alcance exacto das molestias coas que o lateral deportivista conseguiu acabar a primeira parte de onte no Estadio Fernando Torres de Fuenlabrada, para evitar que o equipo gastase unha xanela nos cambios.

Os Servizos Médicos do RC Deportivo confirmaron esta mañá que sofre unha lesión muscular no aductor medio da súa perna esquerda.

Balenziaga estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia; e, en función da súa evolución, iniciará a continuación a fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

/* Bot imbee */