RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Parte médico de Mohamed Bouldini

Mohamed Bouldini foi sometido a probas médicas no Hospital Quirónsalud A Coruña para ditaminar o alcance exacto das molestias que lle impediron entrar na convocatoria para o partido ante o Sporting de Gijón en ABANCA-RIAZOR.

Os Servizos Médicos do RC Deportivo confirmaron unha lesión muscular no seu adductor esquerdo.

O futbolista estará uns días con tratamento médico e de fisiterapia. En función da súa evolución comezará logo a fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.