Paris Adot foi sometido a probas médicas complementarias para ditaminar o alcance exacto das molestias que onte a última hora lle impediron entrar na convocatoria para o partido ante a SD Ponferradina.
Os Servizos Médicos branquiazuis confirmaron unha lesión na musculatura isquiotibial da súa perna esquerda.
O lateral destro deportivista estará uns días con tratamento médico personalizado. En canto a súa evolución o permita, iniciará a continuación a fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.