Sergio Escudero sufriu no transcurso do encontro ante o GD Chaves unha luxación no cóbado esquerdo que xa foi reducida no vestiario do Estadio Municipal de Chaves polos Servizos Médicos do RC Deportivo.
O futbolista branquiazul será sometido a probas complementarias á súa chegada á Coruña.