O partido do Benxamín A ante o Ural Español CF mañá martes 3 de decembro ás 19:00 en Abegondo correspondente á 7ª xornada no subgrupo 1º da Primera A Coruña de fútbol 8 abre o pano a unha longa semana de competicion en ANOSACANTEIRA.
O mércores 4 a quenda será para o Xuvenil A, que visita na Madroa ao RC Celta en choque da 12ª xornada na División de Honra aprazada no seu día polo temporal. Os deportivistas avantaxan en 1 punto aos célticos á fronte da categoría.
Ese mesmo mércores, ás 18:15 no campo da Universidade Laboral, o Benxamín A mídese ao Atlético Coruña Montañeros CF, esta vez en partido da 4ª xornada aprazado no seu día pola folga o persoal de conserxería das instalacións municipais da Coruña.
O venres 6, día festivo, ás 12:00 o San Tirso SD Cadete recibe en Abegondo ao UD Santa Mariña en choque da División de Honra.
O resto de equipos con competición xogan xa a fin de semana.
O sábado 7 xógase un único partido: o Cadete, 2º na División de Honra, visita ao Pabellón Ourense CF (12:00 en Os Remedios).
Para o domingo 8 queda a visita do Fabril ao Salamanca CF UDS, ás 17:00 no Helmántico. Os salmantinos avantaxan en 1 punto aos fabrilistas na zona alta da Segunda Federación.
Tamén volve ter cita ligueira o Xuvenil A, neste caso en Oviedo, ás 12:00 no Requexón.
Descansan en liga esta fin de semana o Xuvenil B, Infantil, San Tirso SD Infantil, Alevín A, Fabril FC Alevín, Benxamín A e Fabril FC Benxamín.
Iso si, o Alevín A compite na Lointek Amorebieta-Etxano Cup; mentres que haberá triplo representación deportivista no Torneo Internacional Tucho de la Torre de Marín coa presenza do Fabril FC Alevín, Benxamín A e Fabril FC Benxamín.
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda Federación
15ª xornada: SALAMANCA CF UDS - FABRIL, o domingo 8 de decembro ás 17:00 no Helmántico
Clasificación: ... 4. Real Avilés Industrial, 25 puntos; 5. Salamanca CF UDS, 23 puntos; 6. Rayo Cantabria e Fabril, 22 puntos; 8. SD Compostela, 21 puntos; 9. Real Valladolid Promesas, 20 puntos...
Categoría xuvenil
12ª xornada: RC CELTA - XUVENIL A, o mércores 4 de decembro ás 19:00 na Madroa (campo 2)
14ª xornada: REAL OVIEDO - XUVENIL A, o domingo 8 de decembro ás 12:00 no Requexón
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A (un partido menos), 31 puntos; 2. RC Celta (un partido menos), 30 puntos; 3. Real Racing Club e Sporting de Gijón, 24 puntos...
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 33 puntos; 2. Xuvenil B, 31 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 27 puntos...
Categoría cadete
13ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - CADETE, o sábado 7 de decembro ás 12:00 en Os Remedios
13ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - UD SANTA MARIÑA, o venres 6 de decembro ás 12:00 en Abegondo (campo de herba sintética)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 36 puntos; 2. Cadete, 33 puntos; 3. Arosa SC e ED Val Miñor Nigrán, 23 puntos... 7. Pabellón Ourense CF, 21 puntos; 8. San Tirso SD Cadete, 20 puntos; 9. UD Santa Mariña e CD Areosa, 16 puntos...
Categoría infantil
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 33 puntos; 2. RC Celta, 30 puntos; 3. Racing de Ferrol, 24 puntos... 6. San Tirso SD Infantil, 21 puntos...
Categoría alevín
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A, 15 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 12 puntos... 6. Fabril FC Alevín, 5 puntos...
Lointek Amorebieta-Etxano Cup en Txolon
Primeira Fase
Sábado 7 de decembro
10:00: FC PORTO - ALEVIN A (campo 1)
12:00: ALEVÍN A - CAMPIÓN DA FASE PREVIA (campo 2)
13:30: REAL SOCIEDAD - ALEVÍN A (campo 2)
Os dous mellores do grupo e o mellor 3º dos 3 grupos acceden a cuartos de final, que comezará ás 16:00
IX Torneo Internacional Tucho de la Torre, en Marín
Primera Fase
Sábado 7 de decembro
11:00: CD LUGO - FABRIL FC ALEVÍN
13:00: FABRIL FC ALEVÍN - REAL VALLADOLID FEM.
14:30: SPORTING DE GIJÓN - FABRIL FC ALEVÍN
18:00: FABRIL FC ALEVÍN - SPORTING CP
20:00: FABRIL FC ALEVÍN - CAMPIÓN DA FASE PREVIA
Os 4 primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan xa o domingo 8 de decembro
Categoría benxamín
7ª xornada: BENXAMÍN A - URAL ESPAÑOL CF, mañá martes 3 de decembro ás 19:00 en Abegondo (campo de herba sintética)
4ª xornada: BENXAMÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o mércores 4 de decembro ás 18:15 na Universidade Laboral
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Benxamín A (un partido menos) e Fabril FC Benxamín, 15 puntos; 3. Ural Español CF (dous partidos menos), Atlético Coruña Montañeros CF (dous partidos menos) e CD Calasanz (un partido menos), 9 puntos... 6. Victoria CF (dous partidos menos), 6 puntos...
IX Torneo Internacional Tucho de la Torre, en Marín
Primera Fase
Sábado 7 de decembro
11:30: SPORTING CP - BENXAMÍN A
15:30: BENXAMÍN A - REAL VALLADOLID FEM.
18:30: SPORTING DE GIJÓN - BENXAMÍN A
21:00: CAMPIÓN DA FASE PREVIA - BENXAMÍN A
Os 4 primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan xa o domingo 8 de decembro
IX Torneo Internacional Tucho de la Torre, en Marín
Primera Fase
Sábado 7 de decembro
10:30: PABELLÓN OURENSE CF - FABRIL FC BENXAMÍN
15:30: FABRIL FC BENXAMÍN - FC PORTO
18:30: FABRIL FC BENXAMÍN - RC CELTA
21:00: EF VILLA DE MARÍN - FABRIL FC BENXAMÍN
Os 4 primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan xa o domingo 8 de decembro