RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Paula Gutiérrez, deportivista até 2026

Paula Gutiérrez Caballero (Viladecans, Barcelona, 2 de marzo de 2001), que chegou ao Dépor ABANCA no verán de 2021, será deportivista até xuño de 2026.

É a súa segunda renovación na Coruña após prorrogar anteriormente o seu contrato o 13 de maio de 2022.

Paula Gutiérrez acumula xa 82 aparicións oficiais co Dépor ABANCA, que a sitúan moi preto de entrar no top-10 histórico, na 12ª posición. Ademais, marcou 11 goles coa camiseta branquiazul, sendo a cuarta máxima anotadora do actual cadro após Ainhoa Marín, Millene e Lía.

O mediocentro catalá comezou xogando no equipo da súa localidade natal, antes de fichar polo RCD Espanyol, club que abandonou en 2017 para incorporarse ao FC Barcelona.

No conxunto azulgrana militou durante tres temporadas, sempre no equipo B, co que logrou o ascenso a Reto Iberdrola no curso 2018-2019. Durante eses tres exercicios foi convocada en varias ocasións polo primeiro equipo.

Na temporada 2020-21, Paula Gutiérrez puxo rumbo ao Madrid CFF, no que alcanzou a sétima posición na clasificación final da Primera Iberdrola e disputou os seus primeiros 18 encontros na máxima categoría. Ademais, tamén botou unha mano ao filial, con 3 partidos e 1 gol en Reto Iberdrola (antiga Primera Federación Iberdrola).

Internacional con España en categoría sub-16, sub-17 e sub-19, con este último combinado participou nunha edición do Campionato de Europa que non puido disputarse a partir da Rolda Elite debido á pandemia de COVID-19.