RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Paula Gutiérrez: Queremos facer grandes cousas aquí e apostar polo proxecto

Paula Gutiérrez confesou este mediodía na sala de prensa de Abegondo estar "moi feliz" pola súa recente renovación polo Dépor até 2026. "Cando as dúas partes queren chegar ao mesmo punto traballar é moito máis fácil e todo chega ao final da maneira máis fácil. Estou moi contenta, agradecida ao Club, aos traballadores, ao staff pola confianza; e moi feliz", manifestou.

A centrocampista branquiazul recalca que valorou para seguir "a confianza que estou a ter desde que cheguei aquí. Tamén o Club está a facer ben as cousas. Esta semana saíu a renovación de Diego Gómez. É un bo sinal de que a xente está a gusto, quérese quedar. Queremos facer grandes cousas aquí e apostar polo proxecto".

Admite sobre o partido deste sábado 16 de marzo ás 18:00 na Cidade Deportiva Joan Gamper ante o filial azulgrana que "sempre é especial volver a Barcelona e máis se é contra o Barça. Estiven 4 temporadas alí e gran parte da miña formación é grazas a eles. Vai ser un reencontro moi bonito e moi especial".

Cre que soamente o feito de enfrontarse o primeiro da Primera Federación Iberdrola contra o segundo "atrae ao espectador. Vai ser un partido moi bonito para ver desde fóra, con dous equipos que queren o balón e queren ser protagonistas".

Con 6 partidos por diante até o final de liga, Paula Gutiérrez opina que "todos estamos pendentes de todos pero para nós é unha motivación. Somos o rival a bater, partimos de vantaxe pero nós queremos ser campioas de liga. Partindo desa base, só imos ir a gañar".

Prefire non sacar a calculadora "ata que non sexa matemático. Non te podes fiar. Xa vimos o que nos pasou en temporadas anteriores. Até final de temporada vai estar todo súper rifado e agora vai empezar a haber sorpresas".

Finalmente, a futbolista do Dépor ABANCA subliña como "moi importante manter a estrutura do ano pasado e o contar coa experiencia doutras temporadas. Xa estamos moita máis maduras, vivenciamos situacións nas que estivemos incómodas e iso fai que a presión a soportemos da mellor forma".