RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Paula Monteagudo: "O Dépor demostra que está a apostar pola canteira"

Paula Monteagudo Ibáñez (Vigo, Pontevedra, 9 de maio de 2002) foi presentada este martes como xogadora do primeiro equipo do Deportivo ABANCA.

Após pousar para os medios gráficos, Kevin Cabado, xa na sala de prensa, subliñou que "se exemplifica que un dos alicerces do Club, que é a canteira, está a dar os seus froitos. Estamos ante unha xogadora que é exemplo diso".

O responsable do Dépor ABANCA cre que Paula Monteagudo é "exemplo de traballo, de perseveranza, de paciencia e sobre todo de regularidade. Chega ao primeiro equipo após varias temporadas en #ANOSACANTEIRA, após 4 anos de estar no top 3 de goleadoras do filial, após ter presenza en todos os partidos nos que estivo dispoñible, após ser moi diferencial no ascenso que conseguimos o ano pasado a Segunda Federación".

Apunta que a súa traxectoria "ten que marcar o camiño para toda xogadora de canteira porque soubo esperar, soubo cal é o seu momento e chegou máis preparada que nunca. Vímolo nestes primeiros partidos amigables. Tivo un rendemento moi alto".

Pola súa banda, a futbolista viguesa confesa sentirse "moi feliz e orgullosa pola oportunidade. O Dépor demostra que está a apostar pola canteira. Cando es pequena e xogas ao fútbol todas temos ese soño de xogar en Primera División, en representar a un club histórico como o Dépor".

Sente "con ganas de poder aproveitar todas as oportunidades que teña e de poder achegar en todo o que faga falta ao equipo".

Monteagudo ve ao equipo "ben. Están a gustarme estas primeiras semanas de pretemporada. É certo que queda tempo para perfilar todos os detalles".

Finalmente, a polivalente fubolista do Depor ABANCA márcase como obxectivo "gozar do proceso. Hai que ser conscientes de onde estamos. Hai que loitar, deixarme todo o que teño dentro e moito máis, tentar ser cada día mellor, gozar a experiencia e achegar desde o rol que sexa".