RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Peke, que di sentir "alivio", cre que a vitoria desta tarde foi "merecida"

Ainize Barea 'Peke' foi unha das protagonistas do partido ante o RCD Espanyol. Nos prolegómenos do choque recibiu do mesmo xeito que con anterioridade Gaby, Cris e Iris, a camiseta conmemorativa dos seus cen partidos oficiais vestindo de branquiazul.

Xa co balón en xogo, foi decisiva ao marcar o gol que significaba o empate provisional no marcador e que metía de cheo ao Dépor ABANCA no encontro. "Toda a dianteira que mete gol e encima gaña o partido é moi bo. Espero seguir con esa xeira", apunta.

Peke confesa sentir "alivio. Sacamos un partido que era moi importante para nós, para estar a pelexar pola salvación. Contentas, con ganas de que chegue a próxima semana".

Do choque ante o RCD Espanyol, opina a dianteira deportivista que "nos meteron un golazo de falta pero tampouco nos fixeron tanto dano. Nós si que chegamos moitísimo e non tivemos esa eficacia de cara ao gol. A segunda parte foi totalmente nosa. Merecida vitoria".

Subliña a atacante branquiazul que "non nos podemos descolgar de aí porque nunca se sabe o que pode pasar. Aínda temos que xogar con rivais contra os que podemos competir moi ben".

O primeiro deses rivais será este mércores 19 de maio o Atlético de Madrid na Ciudad Deportiva Wanda Alcalá de Henares: "Dá igual contra quen nos toque. Estamos na situación na que estamos. Polo menos temos que saír máis enchufadas que o rival. As que se están xogando algo somos nós. E iso tense que notar no campo", conclúe.