Peticións de entradas desde toda a provincia para o Deportivo- Racing
Conforme anunciamos, onte iniciouse o despacho de entradas aos soios do Real Club Deportivo da Coruña nos locais da Mariña...
... Desde Puentedeume, Betanzos, Carballo e Ferrol recibíronse solicitudes de reserva de entradas. Evidentemente, o afeccionado sabe que os enfrontamentos entre o Racing e o Deportivo adoitan ser abundantes en emocións e non queren perderse o espectáculo. Tieme especial importancia o choque para os dous conxuntos pois mentres o Deportivo necesita a vitoria para non perder contacto co Palencia, líder do grupo, o conxunto racinguista aspira a gañar co fin de escalar postos.
Excursionistas de toda a provincia daranse cita o domingo na Coruña. As penas deportivistas, como xa anticipamos, farán acto de presenza no Estadio cun obxectivo moi claro, brindar todo o seu apoio aos branquiazuis... máis que nunca pois as penas racinguistas proponse tamén envorcarse á hora de alentar ao seu equipo.