RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Petxarromán lembra que se trata de coller sensacións de cara ao comezo de liga

Álex Petxarromán, que debutou como xogador do Dépor no partido ante o FC Famaliçao, atendeu aos medios de comunicación.

Advertiu que o conxunto portugués "é un bo equipo, encima con máis semanas de traballo que nós. Fisicamente terminamos o partido todos moi ben. Había xente que era a primeira vez que xogaba 90 minutos, eu persoalmente 35 ou por aí. A xente vai acumulando minutos e é coller sensacións de cara ao comezo de liga, chegar o mellor posible".

Cre que a clave da igualada final foi "seguir traballando o partido. Co 2-0 sabiamos que metes un gol e vólvesche a meter. Co gol de Barbero viñémonos un pouco arriba, as sensacións han ir mellorando aos poucos e até puidemos gañar o partido".

O defensor donostiarra confesou que "tiña moitas ganas de debutar, de ir aos poucos coñecendo ao equipo e aos compañeiros. A sensación foi boa".

A nivel físico asegurou atoparse "bastante ben. Estiven adestrando uns días á marxe pero levo días co equipo e ben".