RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Pisando co pé esquerdo

Por tres a un perdeu o Deportivo ante o Levante nun mal inicio do ano para os intereses coruñeses. Con todo, o Deportivo estivo a piques de lograr o empate, pero cando máis o buscou, chegou o terceiro e definitivo gol local.

Cando máis loitaba polo empate, chego o terceiro gol do Levante

Está claro que o Deportivo non puido sorprender ao Levante e cando máis loitaba polo empate, o equipo azulgrana marcoulle o terceiro gol. Mostrouse o Levante moito mellor que noutros encontros, gañou merecidamente e aproveitou mellor as oportunidades de gol. Ademais, acertou a dominar o centro do campo durante case todo o partido.