RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Pleno de triunfos este sábado en ANOSACANTEIRA feminina e calendario deste domingo, con só cita para o Orzán SD Xuvenil en Antas de Ulla

Esta fin de semana hai parón ligueiro para o Dépor ABANCA B en Segunda Federación e para o Orzán SD Sub-21 en Tercera Federación.

Ambos os equipos chegan a este descanso en 11ª e 8ª posición na táboa respectivamente.

Si compiten o resto de equipos de ANOSACANTEIRA feminina.

Este sábado 28 de febreiro gañou o Orzán SD Cadete ao Santa Cruz CF (5-0) para seguir no máis alto da táboa da Liga Galega; e os dous equipos infantís no campo 3 da Torre: o A ao Oza Juvenil SD (6-0) e o B ao Dumbría CF (2-0).

Para o domingo 1 de marzo queda un só encontro. En Primera Autonómica, o Orzán SD Xuvenil, 13º na táboa, visita ás 17:00 a un rival da zona alta, a SD Antas. 

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primera Autonómica
20ª xornada: SD ANTAS - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 1 de marzo ás 17:00 no campo Castro Seoane (Antas de Ulla)

Liga Galega cadete
18ª xornada: ORZÁN SD CADETE 5 (Inés Neira -2-, Alba García -2- e Daniela Arrojo) - SANTA CRUZ CRUZ CF 0

Liga Galega infantil
17ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 6 (María López-Perales -2-, Rosalía Valencia, Lorena Anastase e Daniela Mingo -2-) - OZA JUVENIL SD 0

17ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 2 (Noa Saiz) - DUMBRÍA CF 0