RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados este sábado en ANOSACANTEIRA e calendario deste domingo; con cita para Fabril, Xuvenil A, Xuvenil B e Alevín de fútbol 11

Este domingo 1 de marzo destaca en ANOSACANTEIRA o partido do Fabril nas Eiroas ante o Bergantiños CF (17:00).

Os fabrilistas, que dobregaron a pasada fin de semana ao poderoso CD Numancia, colideran a clasificación con 49 puntos, os mesmos que o Oviedo Vetusta.

Manuel Pablo, que conta coas baixas por lesión de Damián Canedo e Manu Ferreiro, admite que "as emocións están moito máis altas que noutros partidos".

O Bergantiños CF advirte nas súas redes sociais "unha gran demanda de entradas" para o partido e subliña que se venderán nos despachos de billetes das Eiroas o mesmo día do partido a partir das 15:30 con estes prezos: 5 euros (nenos e nenas entre 6 e 10 anos), 10 euros (afeccionados e afeccionadas entre 11 e 17 anos, e 15 euros (a partir de 18 anos).

Tamén o domingo, pero ás 11:00 no campo Arsenio Iglesias, o Xuvenil A, á fronte da División de Honra, recibe ao CD Lugo.

Os pupilos de Miguel Figueira está en plena conta atrás da Final Four da Copa del Rey, o xoves 12 de marzo ás 18:30 no Anxo Carro de Lugo fronte ao FC Barcelona.

Completa a xornada o encontro do Xuvenil B no campo coruñés da Grela 1 ante o Atlético Coruña Montañeros CF (12:15); o do San Tirso SD Infantil no campo santiagués da Merced ante o CD Conxo Santiago (11:15 horas); e o segundo partido do Alevín no Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, ás 12:30 en Elviña Pequeno ante o Atlético Coruña Montañeros CF.

Este sábado 28 de febreiro xogouse o groso da xornada.

Ás 12:30 o Cadete (foto principal da noticia) caeu (4-2) co ED Val Miñor Nigrán en Condomínguez e o San Tirso SD Cadete empatou (3-3) co CD Areosa no Monte após un partido no que sempre foi por detrás no marcador.

Para o campo 1.2 da Torre quedaron o triunfo do Benxamín A ante o Olímpico CF (11-0) e a derrota do Fabril FC Benxamín fronte ao CD Calasanz (3-1).

Pola tarde, en Pontevedra, o Infantil dobregou ao AJ Lérez por 0-10.

Precisamente nos infantís branquiazuis ANOSACANTEIRA suma un novo internacional, Gael Seijo.

O central ou mediocentro deportivista foi convocado por primeira vez pola selección española sub-14 para unha concentración que terá lugar na localidade alacantina de Alfaz del Pi do luns 2 ao venres 6 de marzo.

Finalmente, o Fabril FC Alevín disputa a UGS Champions Cup 2026.

Os rivais dos fabrilistas na primeira fase foron o Olympique de Marsella, UGS FC e Yverdon Sport.

Superado este grupo, ao equipo de Alberto Bonigno 'Quillo' espéranlle este domingo 1 de marzo na Segunda Fase o Sporting CP de Portugal e a Juventus de Turin.

O calendario abriuno o Alevín, que iniciou o venres 27 de febreiro ante o CD Lugo a súa participación na XVI edición do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

O encontro, correspondente á 1ª xornada celebrada a pasada fin de semana, foi para os branquiazuis por 9-0.

Compoñen este grupo norte ademais estes equipos: ADC A Piringalla, Atlético Coruña Montañeros CF B, CD Calasanz, CD As Pontes, Club de Campo Ferrol B, ED Luis Calvo Sanz, Galicia Caranza, Racing de Ferrol, SRD Portuarios, San Tirso SD, Ural Español CF e Victoria CF.

O formato de competición é de liga a unha soa volta. O campión de grupo pelexará polo trofeo co campión do grupo sur nunha final que se xogará nas Eiroas (Carballo).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
25ª xornada: BERGANTIÑOS CF - FABRIL, o domingo 1 de marzo ás 17:00 nas Eiroas

Categoría xuvenil
División de Honra, 22ª xornada: XUVENIL A - CD LUGO, o domingo 1 de marzo ás 11:00 no campo Arsenio Iglesias

Liga Nacional, 24ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - XUVENIL B, o domingo 1 de marzo ás 12:15 na Grela 1

Categoría cadete
División de Honra, 20ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN 4- CADETE 2 (Pablo Vara e Anxo Castro)
División de Honra, 20ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 3 (Álex Vidal, Manu Alcázar e Javi Barral) - CD AREOSA 3
 
Categoría infantil
División de Honra, 20ª xornada: AJ LÉREZ 0 - INFANTIL 10 (Aritz, Santi Durán -3-, Yoel Darriba -2-, Iván Gil -2- e Álvaro Gómez -2-)
División de Honra, 20ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - SAN TIRSO SD INFANTIL, o domingo 1 de marzo ás 11:15 no campo da Merced (Santiago de Compostela)

 

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 1ª xornada: ALEVÍN 9 (Enzo Fernández -4-, Mateo Songo'o -3-, Leo Lorenzo e Diego Castelo) - CD LUGO 0
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 2ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - ALEVÍN, o domingo 1 de marzo ás 12:30 en Elviña Pequeno

Primera Futgal A Coruña, 21ª xornada (martes 24): ALEVÍN A 9 (Alberto Novo -3-, Adrián Liñares -2-, Álex Casado, Yago Espasandín, Andrés Valencia e Adrián Míguez) - SPORTING CAMBRE 0
Primera Futgal A Coruña, 21ª xornada (martes 24): ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2 - FABRIL FC ALEVÍN 5 (Leo Galbán -2-, César Leira, Pablo Gómez e Pablo Martelo)

UGS Champions Cup 2026 en Ginebra (Suíza)
Sábado 28 de febreiro
Primera Fase
OLYMPIQUE MARSELLA 1 - FABRIL FC ALEVÍN (Martín Coronel -2- e Pablo Gómez)
FABRIL FC ALEVÍN 3 (Pablo Martelo, Marco Dios e Manu Parada) - UGS FC 1
FABRIL FC ALEVÍN 4 (César Leira, Martín Coronel, Pablo Gómez e Mateo Pastorín) - YVERDON SPORT 0

Segunda Fase
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Pablo Martelo) - HERTHA BERLÍN 3
FABRIL FC ALEVÍN 4 (Manu Parada, Gael Fernández, César Leira e Martín Coronel) - CHAMPEL ET CHÊNOIS 2

Domingo 1 de marzo
8:15: FABRIL FC ALEVÍN - SPORTING CP
10:15: FABRIL FC ALEVÍN - JUVENTUS DE TURÍN

Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 21ª xornada: BENXAMÍN A 11 (Pablo Campanero -3-, Hugo Cancela -2-, Nico Mariño -2-, Tomás Sánchez -2-, Ian Lata e Mateo Ramos) - OLÍMPICO CF 0
Primera Futgal A Coruña, 21ª xornada: CD CALASANZ 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Pablo Martelo)