RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Por cuarta vez na tempada, o Deportivo gañou por 1-0 en Riazor con angustia final

O Raio Vallecano fallou un penalti cando faltaban 15 minutos para concluír o partido.Cando o 1-0 subiu ao electrónico de Riazor sen cumprirse o primeiro cuarto de hora...

... do partido, parecía que por primeira vez na tempada ía rexistrar máis movemento o marcador. Non foi así e a angustia, incerteza e intranquilidade mantívose nas bancadas do mesmo xeito que sucedera fronte ao Barcelona Atlético, Bilbao Athletic e Hércules, que saíron derrotados do estadio municipal pola mínima diferenza. Ben é certo, e todo hai que dicilo, o novo técnico branquiazul, Vaz, ía utilizar nada menos que a sete homes da canteira..e ten mérito.

...Haberá que seguir dando unha marxe de confianza a este novo Deportivo que está a armar Luís Rodríguez Vaz, aínda que hai que anotar algo positivo: parece que se atopou o lateral dereito que se andaba buscando desde que o once basee perfilado por Eusebio Ríos perdeu a Sagarzazu. O fabrilista Óscar parece o chamado a ostentar o "2" ás costas.