RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Presentada no campo de fútbol das Mariñas a sétima edición do DéporCampus Cabreiroá Nadal 2025 de Sada

Nun sinxelo acto celebrado no campo de fútbol Andrés Pena - As Mariñas, escenario onde se realizará a actividade, foi presentada a 7ª edición do DéporCampus Cabreiroá Nadal 2025 de Sada, en colaboración co Sada CF e o Concello de Sada.

Asistiron Jose Manuel García Duro, Presidente do Sada CF; Jacobo Vázquez Mariño, Director Deportivo do Sada CF; e Sergio Maurente Brañas, Coordinador do Programa Local da RC Deportivo Fundación.

A actividade desenvolverase os días 22, 23 e 24 de decembro en horario de 10:00 a 14:00; e está dirixida a nenos e nenas entre 6 e 14 anos (nacidos en 2019 a 2012 ambos os incluídos) independentemente do seu nivel de práctica ou experiencia.

Inscricións e información nesta ligazón.