RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Primeira sesión de traballo de Riki, "a plena disposición do míster", nun Dépor consciente que "o máis importante é o inmediato"

Un Deportivo con todos os seus futbolistas sobre o céspede regresou este mércores 4 aos adestramentos após a xornada de descanso deste martes.

Antonio Hidalgo tivo a todo o seu cadro sobre o céspede, ademais do canteirán Noé e de Riki, formalizada a súa incorporación ao Club o pasado luns.

O novo centrocampista branquiazul, que vén de competir co Albacete Balompié, foi un máis na sesión de traballo.

Na súa presentación, afirmou que "fisicamente estou ben. Adestrei con todo o equipo. É verdade que tiven uns problemas no sóleo e no xemelgo. Tiven que parar 7, 10 días máis por precaución que por outra cousa".

Asegura "agora estar a coller ritmo. Levo 2 ou 3 semanas sen xogar e iso nótase pero estou a plena disposición do míster; e o que el considere, bo será para o equipo".

A xornada, con vento e choiva, arrincou cunha activación con rondos, continuou cun exercicio táctico no campo 2 e finalizou con partidos en espazo reducido.

Este xoves 5 de febreiro Os Nosos adestraranse de novo a partir das 10:30 no Dépor Training Center para seguir coa preparación do partido ante o Albacete Balompié deste domingo 8 de febreiro ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas).

"Está claro que o calendario é caprichoso", subliñou Riki, ex futbolista albaceteño, no seu primeiro dia en Abegondo.

Fernando Soriano, Director de Fútbol do Club, insiste en que "o máis importante é o inmediato" e recalca que "debemos de mirar 3, 4, 5 días, unha semana como moito cara a adiante".