RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Primeira tarefa táctica esta mañá no Dépor nunha "nova semana, con ganas de darlle a volta" e "con confianza en todos"

O Dépor comezou esta mañá a preparar o partido ante a SD Ponferradina deste domingo 15 de outubro no Toralín (FEF TV), correspondente á 8ª xornada, cunha primeira tarefa táctica de posición disposta polo corpo técnico no campo 2.

Un dos futbolistas con máis experiencia, Jaime, admitiu que a derrota da pasada fin de semana en ABANCA-RIAZOR "fíxonos dano a todos pero estamos nunha nova semana, con ganas de darlle a volta a isto porque o inicio non foi o esperado. Seguimos con esas ganas de darlle a volta cun partido bonito esta fin de semana outra vez, con confianza en todos".

A xornada, de moita calor, ademais foi de alta carga física, cunha activación con rondos e unha serie de partidos de fútbol reducido.

Yeremay, Ximo Navarro, Balenziaga, Pablo Muñoz e Barbero están con adestramento personalizado.

Así mesmo, Mella, Martín Ochoa, Iano Simão, Rubén, Jairo e Álex Pereira foron hoxe a representación de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30, con almorzo previo ás 8:45 para os futbolistas.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK