RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeiro adestramento de Borja Granero, Carlos Abad e Lucho García

Con tres novos futbolistas puido contar Fernando Vázquez esta mañá no adestramento en Abegondo: Borja Granero, Carlos Abad e Lucho García.

Todos eles completaron con normalidade unha esixente mañá na Cidade Deportiva, coas ausencias de Celso Borges e Uche. Os únicos futbolistas que estiveron á marxe do grupo foron Fede Cartabia e Gerard Valentín, ambos con adestramento específico no ximnasio.

Após un quecemento e rondos, o corpo técnico branquiazul dispuxo dun circuíto de forza, unha tarefa de finalizacións e, para concluír, un partido a metade do campo 2, de alta intensidade.

Mañá mércores 9 de setembro, o cadro está citada de novo en Abegondo ás 10:00 horas.