RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Primeiro adestramento hoxe xoves de todo o cadro antes de porse serios mañá para o partido do sábado

Todos os futbolistas dispoñibles do Dépor adestráronse esta mañá por primeira vez en Abegondo esta semana despois de confirmar o ascenso a Segunda División o pasado domingo en ABANCA-RIAZOR e após a sesión de traballo voluntaria de onte mércores.

"Todos estivemos esperando 4 anos e tocaba celebralo. Estamos moi contentos. Onte xa vimos algúns, hoxe viñemos todos e mañá hai que porse serios para o partido do sábado", comentou Imanol Idiakez en rolda de prensa.

O corpo técnico branquiazul dispuxo dunha activación con rondos, un exercicio de posición con porterías pequenas e partidos en espazo reducido, de alto intensidade.

Con Hugo Rama, Germán Parreño e Mella á marxe do grupo, os canteiráns Rubén, Martín Ochoa, Hugo Ríos e Brais Suárez foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Preguntado polo meta deportivista, con fractura de radio e baixa para o que resta de temporada, a Imanol parécelle "incrible o que é a a adrenalina, o compromiso, un tío co radio roto e que poida facer esa parada (no desconto). Iso fala de porqué conseguimos o que conseguimos".

Mañá venres 17 de maio o Dépor cambia o seu lugar de traballo debido á celebración na Cidade Deportiva da XVIII edición do Torneo RC Deportivo para benxamíns e prebenxamíns. Por conseguinte, Os Nosos adestraranse en ABANCA-RIAZOR a porta pechada a partir das 11:00 horas.

Ao concluír, os convocados por Imanol Idiakez partirán de viaxe por estrada a San Sebastián para medirse o sábado 18 de maio (17:00, FEF TV) á Real Sociedad B en partido correspondente á 37ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

📸GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK