RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Primeiro mes de actividade na Escola RC Deportivo

Este mes de outubro arrincou a Escola RC Deportivo nas súas 7 sedes abertas: Alvedro, Colexio Internacional Eirís, Colexio Jesuitinas, Arteixo, Outes, Carballo e a Cidade Deportiva da Torre, coa súa escola de diversidade funcional.
 
Este inicio de curso batéronse de novo todas as marcas de participación, superando o centenar de alumnos na escola indoor de Alvedro, máis de 50 participantes en Carballo e Eirís e preto da trintena de alumnos nas sedes do Colexio Jesuitinas, Arteixo, Outes e Diversidade Funcional, chegando a máis de 300 participantes entre todas as sedes. 
 
Todos os novos nenos e nenas da Escola recibiron o seu equipamento oficial de adestramento do RC Deportivo e comezaron as súas clases baixo a supervisión dos técnicos do Dépor. A actividade está dirixida para todos aqueles alumnos e alumnas de 6 a 14 anos que desexen participar, independentemente do seu nivel de práctica, xa que todos os grupos establécense por idade ou experiencia previa en fútbol.
 
As inscricións atópanse permanentemente abertas na web http://escola.rcdeportivo.es/ e a participación mínima é dun mes. 
 
Calquera centro ou club interesado en abrir unha nova sede da Escola RC Deportivo, pode contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico escola@rcdeportivo.es