RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Primeiro parón da temporada no Dépor ABANCA que servirá para descansar mentalmente

O Dépor ABANCA non ten partido de competición esta fin de semana debida ao parón ligueiro en Primera Federación Iberdrola.

Irene Ferreras, adestradora branquiazul, explica que, despois de "un comezo desexado" por todos, con 2 vitorias en 2 partidos disputados, "agora ímonos a unha semana que nos servirá para seguir traballando cositas e para descansar un pouco mentalmente. Esta é a liña a seguir".

Subliña que "hai marxe de mellora moi grande porque acabamos de empezar. Os equipos necesitan de tempo, de rodaxe. Estou contento co que vexo, coa actitude dos futbolistas e creo que temos que ir a máis".

Os resultados da pasada fin de semana deixaron ás Nosas á fronte da clasificación con 6 puntos, os mesmos que o Alhama CF. Por detrás veñen RCD Espanyol e SE AEM, ambos con 4 puntos.

A pesar de non haber competición, o Dépor ABANCA terá desde mañá mércores 4 sesións de traballo en Abegondo antes da fin de semana de descanso.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 20 de setembro
10:00 h.

Xoves 21 de setembro
8:45 h. e 16:30 h.

Venres 22 de setembro
10:00 h.

Sábado 23 de setembro
Descanso

Domingo 24 de setembro
Descanso