O salón de actos da sede de ABANCA Seguros na Coruña acolleu a celebración do Start-UP Day, xornada final do Dépor Innovation Center Start-UP Challenge no que se buscaban ás emprendedoras e emprendedores coas ideas, proxectos, ferramentas e compañías máis innovadores e que teñan como principal misión transformar a industria do deporte cunha solución tecnolóxica única.
Como obxectivo principal preténdese pór en valor ao tecido emprendedor e ofrecer un vehículo para impulsar e dar visibilidade aos proxectos máis innovadores, xunto aos que construír o futuro das organizacións deportivas desde a transformación dixital.
Por iso, o Dépor Innovation Center (https://dic.rcdeportivo.es/), o laboratorio de innovación tecnolóxica en deporte do RC Deportivo lanzou, xunto a Abanca Innova, Galicia Sportech e FundingBox, esta 1ª Edición do Dépor Innovation Center Start-UP Day.
Con máis de 40 proxectos recibidos, na xornada final presentáronse os 10 finalistas escollidos entre todas as propostas valoradas. Cada proxecto dispuxo de 5 minutos para ser presentado ante o xurado formado por Carlos Cantó (Conselleiro RC Deportivo), Cristian Gavril Florin (Coordinador de AGAXEDE), David Seoane (Head Of Communities en Fundingbox), Eduardo Aldao (Director de innovación ABANCA), Iván Clavel (Director-Xerente Fundación do Deporte Galego), Lalo García (Director de Galicia Sportech), Lucía Sánchez (Innovation Project Manager en Hijos de Rivera, SAU), Sofía Toro (Xerente de Cluster do Deporte Galego) e Sonia Zaragoza (Adxunta a Transferencia da UDC).
Após a inauguración do evento por parte do presidente do RC Deportivo, Antonio Couceiro, e os case 90 minutos de presentacións, tocoulle a quenda ao xurado para decidir mentres o medio centenar de persoas presentes compartían experiencias e sensacións sobre os proxectos presentados na antesala do auditorio.
Daniel Cerqueiro, presidente de Startup Galicia, e condutor do evento, presentou a asociación que dirixe, do mesmo xeito que David Seoane (Head Of Communities en Fundingbox) explicou os labores que realiza a súa empresa. A continuación fixéronse públicos os nomes dos gañadores e fíxose entrega dos correspondentes premios:
- 1º clasificado: POC co RC Deportivo + Participación gratuíta e Caseta no Galicia Sportech Congress 2023 + Visibilidade en RRSS e Medios de comunicación + Fast track Fase Final Innovación AGAXEDE.
- 2º clasificado: POC co RC Deportivo + Visibilidade en RRSS e Medios de comunicación + Fast track Fase Final Innovación AGAXEDE.
- 3º clasificado: POC co RC Deportivo + Visibilidade en RRSS e Medios de comunicación+ Fast track Fase Final Innovación AGAXEDE.
Finalmente entregáronse 4 premios, ao existir empate entre terceiros clasificados:
Proteckthor (Primeiro clasificado): Protector fronte a impactos recibidos na cabeza por un xogador. Ademais, mantén a velocidade de saída do balón sen chegar a ser doping tecnolóxico, deste xeito non se perde oportunidade de gol nos remates de cabeza. En próximas versións, levará incorporado acelerómetros para medir os impactos recibidos e avaliar se o xogador pode continuar xogando. Proteckthor é un produto español patentado.
YBVR (Segundo clasificado): Compañía que comercializa experiencias de vídeo inmersivo en streaming para lentes de realidade virtual. Ofrecen unha experiencia completa de vídeo inmersivo de alta calidade e en tempo real, na que o usuario poderá vivir unha experiencia única e de gran intensidade desde a súa casa.
Neurocess Limited (Terceiro clasificado -compartido-): Tecnoloxía de sensores de seguimento de atletas en deportes de elite. Os datos musculares derivados de EMG de nivel clínico proporcionan información valiosa relacionada co rendemento deportivo, os riscos de lesións e a eficiencia do adestramento.
Tabalú Cocina Deportiva SL (Terceiro clasificado -compartido-): Empresa especializada en mellorar o rendemento deportivo a través da cociña e a tecnoloxía. Fusiónanse as necesidades nutricionais de cada deportista cunha proposta gastronómica personalizada e elaborada por chefs formados en diversas gastronomías.
Ademais na xornada presentáronse outro seis proxectos:
Boldest: Start up coruñesa que desenvolveu un software para xerar mapas interactivos premium. En pouco máis de dous anos xa está a conseguir éxitos, con grandes clientes en comunicación corporativa e turismo. Acaban de ser gañadores da edición 2022 de Turislab, a aceleradora de turismo da Xunta de Galicia.
Dairus, Inc.: Creadores dun asistente para adestradores baseado en Intelixencia Artificial. Este software axúdalles deseñando propostas personalizadas, optimizadas e modificables para apoiarlles na planificación. O obxectivo é facerlles máis fácil o pór as súas ideas en práctica, achegarse ás mellores sesións de adestramento posibles e que os atletas rendan máis preto do seu máximo potencial.
Mentiness: People analytics e saúde mental para organizacións. Transforman organizacións pondo o foco nas persoas. Crea unha cultura do benestar, aumenta o engagement e coida da saúde mental.
New Stream Ltd: Empresa israelí que emprega a Intelixencia Artificial para servizos de análises biométrico enfocado á mellora deportiva e rehabilitación, análise de data en partido, dixital coach e concursos de fan engagement a través do uso da cámara da móbil vía app.
Notarify: É unha innovadora startup italiana, e un dos principais provedores internacionais de servizos Blockchain, cunha rede de miles de clientes e presente en varios países, especializada en notarización en Blockchain e xestión de datos, documentos e firmas.
Sensiball VR: É unha empresa de alta tecnoloxía establecida en ATAP TeknoPark situado no campus da Universidade de Anadolu. Os seus proxectos Tubitak 1512 e 1507 reciben incentivos e investimentos de apoio á I+D nacional e internacional. Finalistas da mundialmente famosa competencia ITU Cekirdek Big-Bang.
