RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Raquel García: "Desde a vitoria todo trabállase mellor"

Raquel García subliñou na de prensa do Dépor Training Center que "todos os equipos traballan mellor desde a vitoria. É máis facil seguir corrixindo erros. Esta fin de semana temos outro partido duro pero desde a vitoria todo trabállase mellor", insiste.

A central deportivista cre que "aos poucos empezan a chegar os resultados. Era cuestión de paciencia. O traballo que estamos a realizar é bo. Estamos a coller sensacións, aos poucos afianzándonos máis no noso estilo de xogo e felices porque nesta liga sumar de 3 é moi complicado".

Da Real Sociedad, rival este domingo 14 de decembro ás 12:00 (Dazn) en Zubieta, cre que "é un equipo e un club moi grande, un histórico. Este ano están fortes. Xa o ano pasado estiveron bastante ben. Están arriba na clasificación, é un rival duro, con xogadoras moi boas. Coas nosas armas tentaremos contrarrestar as súas fortalezas e aproveitar o máximo posible as poucas debilidades que teñen".

Inimigo o conxunto realista tamén na Copa de la Reina unha semana máis tarde, o 21 de decembro ás 12:00, pero en ABANCA-RIAZOR, advirte Raquel que "son competicións totalmente diferentes. Esta semana estámonos centrando neste partido, que é o de liga no que queremos sacar os máximos puntos posibles. A semana que vén xa a exporemos doutra forma".

Finalmente, da clasificación en Liga F, co Dépor ABANCA igualado a 13 puntos con outros 3 equipos, apunta que "todos somos moi parellos, podes competir a calquera, pódeche sacar puntos calquera equipo e podes sacar a calquera. Estamos a traballar desde a tranquilidade, desde saber que aos poucos imos facendo as cousas ben. Conseguimos varias vitorias neste último tramo e seguir sumando, escalando o máximo de posicións pero desde a tranquilidade".