RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Recepción oficial ao RC Deportivo na Embaixada de España en Venezuela

O RC Deportivo atópase inmerso unha nova e ambiciosa xira promocional, 'DÉ x Venezuela', após a levada a cabo recentemente en Brasil. 

A expedición deportivista está encabezada pola vicepresidenta Michelle Clemente e o responsable da área internacional Alejandro Vidal.

A axenda deportivista deste xoves 24 de abril tivo como un dos seus actos centrais a recepción na Embaixada de España en Venezuela a cargo do Excmo Sr. Álvaro Albacete Perea.

A xira 'DÉ x Venezuela' arrincou o pasado martes 22 de abril coa visita ao Caracas FC, un dos grandes clubs de Venezuela. Exerceu de anfitrión Miguel Mea Vitali, Director Deportivo.

A continuación, houbo recibimento na populosa Hermanda Gallega de Caracas.

O longo día concluíu cunha serie de reunións na sede da Federación Venezolana de Fútbol co secretario xeral, David Quintanilla.

Un dos actos centrais da xira 'DÉ x Venezuela' terá lugar este domingo 27 de abril cunha festa na Hermandad Gallega de Caracas, coincidindo coa retransmisión do partido do Dépor en El Sardinero ante o Real Racing Club. Este evento contará coa colaboración de LaLiga. Haberá tamén sorteo de merchandising do Club e disputarase un partido amigable.

O RC Deportivo estreita así os lazos cun dos países americanos con maior comunidade galega, ademais de ser unha importante potencia futbolística tanto a nivel masculino como feminino, como o demostran as xogadoras venezolanas que militan (caso de Michi Apóstol) ou militaron no Dépor ABANCA (Oriana Altuve, Gaby, Michelle Romero, Kika...).