RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Recuperación após o triunfo en Albacete e após 10 horas de autocar con tempo até para estudar, caso de Dani Barcia

O Dépor arrincou este mes de decembro cunha esixente semana de competición con partido de Copa del Rey este xoves 4 ás 19:00 (TVG) na Nova Creu Alta de Sabadell e liga o domingo 7 ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) ABANCA-RIAZOR ante o CD Castellón.

Os resultados da última xornada deixaron a Os Nosos con 32 puntos á fronte da táboa, igualado co Real Racing Club.

Despois do triunfo do pasado sábado en Albacete o equipo percorreu media España nunha viaxe de regreso de 10 horas durante toda a noite do sábado ao domingo.

Houbo tempo para durmir, ver series, películas, fútbol, ler e até estudar, caso de Dani Barcia.

O central coruñés afirmou na zona mixta do estadio albaceteño que ía aproveitar o tempo de bus cos exames de INEF á volta do nadal.

Con todo isto, Antonio Hidalgo dispuxo este primeiro luns de decembro dunha xornada de recuperación.

Así, os titulares no Carlos Belmonte só realizaron a activación co resto do grupo. A eles sumáronselles os fabrilistas Íker Vidal, Damián Canedo, Bil e Fabi, que tamén xogaron de inicio pero en Sarria co filial.

Para o resto do grupo, incluídos os fabrilistas Hugo Ríos, Samu e Quique Teijo, houbo ademais finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade.

Estiveron con adestramento personalizado Ximo Navarro, Escudero, Daniel Bachmann e Luismi Cruz.

Este martes, Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30, nunha semana con esta planificación:

Martes 2 de decembro
10:30 h.

Mércores 3 de decembro
16:00 h.

Xoves 4 de decembro
19:00: CE Sabadell FC - Deportivo, na Nova Creu Alta

Venres 5 de decembro
12:00 h.

Sábado 6 de decembro
10:30 h.

Domingo 7 de decembro
18:30: Deportivo - CD Castellón, en ABANCA-RIAZOR